A casa da Conexa
"Os pendentes"
07/01/2015 22:30 h
Hoxe, Mucha mercaralle a unha xitana uns pendentes. Cando Nucha os ve obsesiónase con eles e chega a roubarllos á súa irmá. A partir de aí sucédense cousas moi raras que levarán a Mucha a tirar os pendentes na horta para recuperar á irmá de sempre.
Doutra parte, o matrimonio de Os Roncha continuará esta semana asistindo de público a “A Casa da Conexa”. Noutros sketchs verase os cociñeiros Moncho e Xosé Ramón como preparan unha torta pascualina no Súper Susi. Tamén os granxeiros explicaranlles aos espectadores como sementan as patacas.
O programa desta noite completarase cunha nova consulta que atenderán Mucha e Nucha no seu consultorio particular e cunha clase maxistral sobre a nosa Cultura Galega.