CRTVG

Buscar

De quen vés sendo?

Os oficios

10/11/2013 15:30 h

Marta Doviro viaxará por Terra de Montes e pola Terra da Chispa para descubrir se hai xente que ten apelidos á medida das súas profesións.

Así, na Escola de Canteiros de Poio, a presentadora aprenderá a manexar as ferramentas dos canteiros e tomará as súas primeiras leccións de “verbo” co profesor Calros Solla e cun experto no oficio da pedra, David de Arén. Ademais, probará sorte con outra lingua: o “barallete” dos afiadores de Ourense, visitará a colección de rodas de afiar de Florencio de Arboiro e coñecerá como evolucionou o oficio con Pepe Campos, un afiador industrial.

Por outro lado, os espectadores de “De quen vés sendo?” descubrirán que tamén os panadeiros teñen unha xerga propia e que en San Cristovo de Cea chamarse Rosa é sinónimo de facer bo pan. Aínda na Terra da Chispa, o programa falará cun Forneiro que cambiou a fariña polas antigüidades e cun Ferreiro que do que máis sabe é de carpintaría e de instrumentos musicais.

O espazo da Televisión de Galicia tamén investigará se Mos lle debe o seu nome ás pedras, comprobará que Riotorto segue a ser terra de ferreiros e intentará descubrir os nomes e alcumes da xente de Lugo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: