CRTVG

Buscar

Na terra de...

Os muíños

03/08/2013

Nesta ocasión, e parafraseando a Cunqueiro, o programa viaxa pola terra dos mil ríos e as mil primaveras, pero desta volta parando a acougar nos muíños que de todo tipo sucan a xeografía do país. 

Así, coñecerase un muíño de mareas nun recanto da ría de Muros, os antigos muíños de vento que aínda existen nos outeiros que arrodean Ortigueira, os de aceite nas abas quentes do Sil ao carón de Quiroga, os muíños de casca en Allariz, etc… Os reporteiros de “Na terra de…”  tamén se deteñen na recuperación que para a hostalería moderna fixeron con estas vellas construcións populares das ribeiras fluviais, como son os muíños que se rehabilitaron na zona de Meaño, no Salnés.

Dos tempos dos muíños veñen as muiñadas, onde as xentes parolaban sobre a vida e das que quedaron moitos refráns e ditos populares na memoria colectiva das xentes, como aquel que di “Nin muíño sen rodicio, nin home sen oficio”. “Na terra de…” ofrece, pois, unha fermosa oportunidade para apreciar o mellor dos muíños galegos de onte coa vista de hoxe.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: