CRTVG

Buscar

Larpeiros Social Club

Os máis doces da casa

26/11/2019 22:00 h

Mentres no Local dos Larpeiros, Benigno e Lola cociñan un deses estufados que nos fan moi felices, serán Adri e Merchi os que saian buscar unha pouca felicidade “extra” para achegar a nosa mesa.

Merchi irá ata Mosteiro, en Ourense, para meterse nun abelleiro e aprender todos os segredos das abellas. O caso será volver ao club cun tarro de mel do noso, que lle dará un toque moi especial ao prato que ten pensado facer hoxe.

Mentres, Adri atopará acubillo no restaurante de Celia, que sabe que para facer felices aos galegos non hai nada mellor que unha empanada. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: