CRTVG

Buscar

Luar

(Os maios) The Quarrymen / Olive Hurley Irish Dance / Paloma San Basilio / Luis Emilio Batallán

30/05/2014 22:00 h

 Esta noite actúan The Quarrymen, unha banda lendaria, embrión de The Beatles, que encabeza o cartel da gala solidaria organizada por Médicos sen Fronteiras en Compostela. Tamén destaca a presenza do grupo de baile irlandés "Olive Hurley Irish Dance".

 Paloma San Basilio volve ao Luar para despedirse dos escenarios repasando as mellores cancións da súa carreira de éxito. 

 Neste programa dedicado aos maios, Luis Emilio Batallán interpreta a dúo con Rosa Cedrón o tema "Aí vén o maio". Tamén actúan a Agrupación Folclórica Cántigas e Frores, os nenos pandereteiros de Os Fillos de Pepa A Loba, a Banda de Música do Rosal, a Nova Galega de Danza e a orquestra Los Satélites. 

  O humor vén da man de Víctor Bascoy, o gañador do concurso de chistes de “Luar” a temporada pasada.

Atopar capítulo por: