CRTVG

Buscar

Pescadores de historias

Os gaiteiros do mar

10/09/2017 16:30 h

A tradición musical e a mariñeira sempre estiveron malladas nun mesmo aparello e hoxe o programa “Pescadores de Historias” dará conta diso. Ás xentes do mar sempreforon moi cantareiras e musicais, pero os mariñeiros do Hío e Aldán, no concello de Cangas, foron un pouquiño máis alá e para embarcar rumbo a caladoiros afastadossempre levaron os seus instrumentos musicais, gaitas e percusión, que soaron en todas aslatitudes mariñas, onde eles chegaban.

Hoxe aqueles mariñeiros tocan xuntos como “Os Gaiteiros do Mar”. As gaitastócanas Manuel Sotelo e Lito Gago, o tamboril é Feliciano de Vilanova, co bombo andaManolo Martínez, e completa a formación con singulares trebellos de percusión Peix de Aldán.


O inicio real desta formación foi en 1973, cando abordo do pesqueiro Ría de Aldán,no mar do Gran Sol, se gravou unha cinta de radiocassette, que aínda se conserva. Nestebarco traballaban xuntos Manolo Martínez, Manuel Sotelo e Feliciano de Vilanova. Os tresfixeron a gravación da cinta aproveitando os tempos de descanso do traballo. Pola súaparte, Lito Gago tamén armou boas festas polo mar, especialmente en Terranova.

Esta xoia da cultura mariñeira, a cinta de radiocasete gravada no Gran Sol, é aproba de que as gaitas e as percusións galegas soaron no mar do Gran Sol, e dá noticiade que tamén soaron noutros caladoiros como Terranova, Canarias e Marrocos, e mesmoas costas africanas.
Hoxe “Os gaiteiros do Mar” tocarán en “Pescadores de Historias”, e contaran a súa historia, desvelando o motivo de por que realmente levaban as gaitas e os instrumentos de percusión nos barcos onde faenaban en mares afastados de Galicia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: