CRTVG

Buscar

Luar

Os falsos mitos, con Moncho Borrajo e Natalia

27/03/2015 22:00 h

   O programa “Luar” recibirá hoxe a visita da cantante e compositora Natalia, que fixo xa 13 anos de carreira, durante os cales vendeu máis de medio millón de discos. Este venres presentaralles aos espectadores galegos o seu novo sinxelo, “Ya lo sé”, composto por ela mesma, un tema fresco e alegre para non parar de bailar.

O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Lucía Regueiro ofrecerá tamén as actuacións de Malvela, un grupo que é unha referencia na nosa música e que representa a voz das mulleres galegas coas súas cancións da terra; da Banda de Música A Lira e do grupo de música e baile tradicional Brincadeira. O humor de Moncho Borrajo e a maxia de Luís de Matos completarán as propostas desta semana.

Pero, sen lugar a dúbidas, un dos momentos máis destacados do programa terá lugar no concurso “Recantos”, do que hoxe quedarán eliminados catro aspirantes e só 12 continuarán xa na loita por ser o/a recanteiro/a de 2015. O “Vai de Gaita” infantil continuará o seu desenvolvemento habitual, co equipo verde e o equipo laranxa enfrontándose sobre o escenario.

Polo demais, o programa da TVG, dedicado esta noite aos falsos mitos, intentará desmontar crenzas populares moi arraigadas coa axuda do divulgador científico Ramón Núñez Centella, do presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, Xosé Carro, e do adestrador canino Octavio Villazala.

Atopar capítulo por: