CRTVG

Buscar

Alalá

Os Carunchos

19/05/2008 22:05 h

Os Carunchos son un grupo que ten alma, voz e a súa propia filosofía. En primeiro lugar voz: potente e con aguante, porque a maioría das pezas dos Carunchos son cantadas. A filosofía dos Carunchos é a “calma festiva”. Se hai que empeñar 14 anos para sacar 3 discos empréganse e punto, iso si, facendo probas en foliadas, concertos e festas varias.

A alma dos Carunchos é algo moi especial. Luís “O Caruncho”: Músico excepcional e coñecido en toda Galicia como gaiteiro en pechado e regueifeiro inesgotable.

Os Carunchos son un grupo contaxioso. Contaxian gañas de bailar, tocar e cantar. Humor, ledicia e sobre todo festa. A mesma peza nunca a tocan igual, porque vanse cambiando os instrumentos, así que todos tocan de todo á vez que cantan.

Os Carunchos son novos, vailles a festa e tocan o que lles boten, así que preparádevos, porque neste Alalá ides botar máis dun pé.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: