CRTVG

Buscar

Alalá

Os Barrios de Chantada

08/12/2008 22:05 h

Os Barrios bautizáronse así porque desta aldea de “Os Barrios” saíron os músicos que comezaron con este cuarteto tradicional. O que iniciou esta longa historia foi José Argiz e un dos seus fillos, Graciano, que foi ata o 2005 un dos piares desta histórica agrupación.

Ao longo da súa existencia foron moitos os compoñentes que pasaron polos Barrios, pero non deixaron de tocar xamais. Ese é o seu valor engadido, a súa resistencia, loitando contra guerras e sobre todo contra a infravaloración do gaiteiro nos anos sesenta.  

Na actualidade, algúns dos seus compoñentes levan máis de trinta anos tocando e agora queren que se incorpore xente nova, o relevo xeracional tan importante para que agrupacións deste tipo non queden só para o recordatorio.

Neste Alalá coñeceremos a cada un dos actuais compoñentes dos barrios, saberemos o que senten, todos os seus recordos e, sobre todo, cal é a receita para estar tanto tempo en activo. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: