CRTVG

Buscar

Onde vai a xente

Xogos tradicionais en Melide

23/06/2013

 Alfonso Tellado viaxa ata Melide para coñecer un grupo de amigos que continúa coa teima de que calquera xogo pasado aínda pode ser divertido hoxe en día.

 En tempos de consolas, da Internet, de mensaxería instantánea, atopar xente que siga a gozar dos xogos tradicionais non deixa de ser peculiar e fermoso ao mesmo tempo. A ra, o tiro á lata, o tirapedras, a billarda... Calquera pasatempo dos nosos avós, que facían as delicias dos cativos en calquera recuncho ou praza da vila, volven estar vixentes e en plena forma.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: