CRTVG

Buscar

Xente con oficio

Oleiros

25/08/2018 20:20 h

“Xente con Oficio” e un programa dedicado a estes traballos aos que as novas tecnoloxías foron relegando ao esquecemento. 
Agora os pais seguen transmitindo este coñecemento con ilusión a mozos e mozas que, cunha perspectiva laboral incerta, ven nos oficios dos seus antepasados unha profesión de futuro. Como é o caso do oficio desta entrega, o de oleiro. Con este cometido, o equipo do programa desprázase ata Buño, unha pequena vila da Costa da Morte, onde os obradoiros de oleiros forman un núcleo moi importante da cerámica en Galicia. Gonzalo, o noso protagonista, reencóntrase coas súas orixes a través dun percorrido polos diferentes obradoiros da vila. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: