CRTVG

Buscar

Oh happy day

Oh happy day!: 5ª gala

11/06/2015 22:00 h

Tras a expulsión a semana pasada da Coral Alecrín de Brión (Ferrol), os coros que continúan en liza son Sister In The House da Coruña, Coro Encaixe de Santiago, El Acorde Secreto da Coruña, Obradoiro Vocal A Vila de Ponteareas e Coro Coda de Vilagarcía.

O repertorio será novamente esta noite un dos puntos fortes do programa presentado por Rodrigo Vázquez. Os espectadores poderán escoitar esta semana os coros cantando en rigoroso directo temas de artistas imprescindibles da historia da música como George Michael, Madonna, Stromae, Bob Marley, Jackson 5 ou Elvis Presley. Tamén terá cabida, como é costume, a música galega, con cancións da nosa tradición ou de grupos máis achegados á modernidade, como Marful. 

Como cada semana, o xurado porá énfase tamén no vestiario, a coreografía e a posta en escena. E como novidade nesta gala, cada coro interpretará dous temas, o que fará que as emocións, a competitividade e a dureza do concurso vaian en aumento.

Atopar capítulo por: