CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

O uso das redes sociais na nosa comunidade aumenta cada día e crea novas historias

07/07/2019 13:54 h

Vai unha pregunta para os usuarios das redes sociais, en concreto de Facebook, para que a empregan? A maioría contestará que para compartir vídeos, fotos ou retomar o contacto con vellos coñecidos. Pero o seu uso vai moito máis alá. Vémolo nunha curta publicada nesa rede na que se amosan tres historias reais a través das que se creou unha comunidade, se promocionou un negocio ou se difundiron valores.

Chámase Historia dunha Comunidade, Galicia e dela imos falar co noso experto en tecnoloxía, Marcus Fernández, e con dous dos protagonistas destas historias; Txema Iglesias e Raquel Freiría.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: