CRTVG

Buscar

Aquí hai praia

O Torno, O Muíño e Nemiña

20/08/2018 00:30 h

Visitamos a Praia do Torno en San Cibrao, no concello lucense de Cervo. Cunha lonxitude de 700 metros, este areal urbano é accesible e conta con todo tipo de servizos. Dispón de area fina, augas transparentes e un acceso moi doado. 
A desembocadura do Miño é a seguinte parada, onde se sitúa a praia do Muíño na parroquia guardesa de Camposancos. Dispón de 2.000 metros de lonxitude e de area fina. O areal está dotado de todos os equipamentos para o verán, amais dun paseo que percorre desde Camposancos ata O Puntal, tamén coñecido como Punta Santa Tegra, o emprazamento máis suroccidental de Galicia.
Por último, “Aquí Hai Praia” diríxese a Nemiña, unha praia en que desde hai anos se reúnen os amantes do surf e do bodyboard de toda Europa. Situada no concello de Muxía, con 1.250 metros de lonxitude, dispón de variadas posibilidades de ocio e de deporte.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: