O sol sae para todos
Programa 44: 'Pensar en tempos de pandemia'
06/08/2020 12:00 h
Todo o que está pasando co coronavirus deixa a súa fonda pegada na saúde, na economía e no funcionamento social. Pero ademais de nos asuntos cotiás, o ser humano tamén ten que pensar no seu estado mental, en como enfrontarse como individuos e como sociedade a unha pandemia inédita no mundo actual. Dous filósofos galegos de sona, María Xesús Vázquez Lobeiras e Ignacio Castro Rey, dannos as claves do que foi pasando e como nos afecta.