CRTVG

Buscar

Ecce Perdomo

O 'pijo'

14/08/2019 00:30 h

Neste capítulo de Ecce Perdomo, o actor David Perdomo transformarase en Ginés, Xenxo para os amigos. Unha personaxe moi recoñecible á que podemos atopar casualmente paseando polos centros das cidades, os campos de golf, os clubes náuticos ou os centros hípicos. Hai quen lle chama 'pijo', pero el prefire definirse como ‘cool’.

Para aprender a ser como Xenxo, Perdomo entrevistará a Natalia Alcayde, unha asesora de imaxe que lle dará os conxuntos necesarios para ir á moda máis ‘cool’. Tamén se reunirá no náutico de Sada con Enrique Tostado, o propietario dun veleiro no que tomarán uns “viñiños” ó sol. Despois, Perdomo aprenderá a xogar ó golf da man do mellor golfista galego, Santi Tarrío, un infiltrado no mundo “pijo”. Para rematar, Perdomo irá á perruquería canina Patacán para coñecer uns cans que van ó spa moito máis, incluso, que as súas donas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: