CRTVG

Buscar

Larpeiros

O pequeno xigante

10/04/2018 22:00 h

Os “Larpeiros” da TVG conversan sobre as cousas pequenas que poden cambiar un prato. Algúns escollerían sen dubidalo os froitos secos porque unhas améndoas ou uns piñóns nun guiso de carne fan un prato totalmente diferente. Tamén no mar hai produtos pequenos que poden dar moito sabor, como as ameixas ou os berberechos.

Benigno Campos coñece moi ben eses pequenos detalles que lles achegan un aire diferente ás receitas. Para demostralo, a súa elección é un abadexo con berberechos e crema de verduras, unha salsa que lembra as cremas de allo porro e cabaza que lle van moi ben a este peixe.

Adrián vai ata Noia, onde, coa axuda de Dominica, se converte en todo un mariscador na procura dos mellores berberechos da ría. Ten que traballar arreo se quere levarlles aos seus compañeiros uns berberechos á altura da ocasión. Mentres tanto, Merchi e Leni encárganse, como é habitual, de preparar a sobremesa, que nesta ocasión son unhas filloas de fariña de castañas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: