CRTVG

Buscar

Alalá

O Pego do Pereiro

02/06/2009 22:05 h

José Ramón Val Gil naceu no ano 23 no barrio de "Rúa das Oiras" aínda que vive no barrio de "As Rozas" todo na parroquia de Pereiro (Alfoz). Comezou tocando unha flauta traveseira que el mesmo fabricou. O primeiro instrumento habitual que tivo foi un alcordeón de botóns co que tocaba nos bailes. Despois mercou outro con piano co que tamén tocou para baile.

A gaita veu a continuación, motivada polo recordo dos gaiteiros que había na rodeada, especialmente os de "San Martín de Figueiras" (Alfoz) onde destacaban "Antoñiño da gaita", "José de Manuela" e o seu irmán "Manuel de Manuela". O verdadeiro foco gaiteiro naquela parte o famoso "Pepe da gaita". Este home tiña moito prestixio na zona e, segundo conta Lence Santar, cronista de Mondoñedo nos anos trinta e autor de "Etnografía Mindoniense", era mellor gaiteiro que o mítico e coetaneo "Curuxeiras".

O repertorio de O Pego está composto por pezas históricas e radiofónicas. As históricas son, por unha parte, os restos que quedan do gaiteiro xa referido "Pepe da gaita", que foi quen difundiu esas jotas, muiñeiras e mazurcas que na actualidade pertencen a O Pego.

Por outra, as melodías extraídas da tradición xenérica galega vocal ou instrumental que el mesmo adaptou. As pezas radiofónicas son as que, como en tantos outros casos de gaiteiros, O Pego aprendeu da radio ou da discografía que había apartires dos anos 40.

O Pego non é un gaiteiro virtuoso, purista pero si fiel representante da gaita da segunda metade do XX na Mariña luguesa. A vida de O Pego está chea de anécdotas que conta con gracia polo seu carácter desenfadado e esa chispa de sorna que ten moitas veces. Segundo conta el mesmo tivo moitos oficios como carpinteiro, albañil, zoqueiro, barbeiro, e un longo etc.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: