CRTVG

Buscar

Documentais

O paso do noroeste

06/02/2012

O documental “O paso do noroeste. Tenente de Navío Xacinto Caamaño” conta a viaxe que o mariño galego fixo a finais do século XVIII na procura ou desestimación da existencia do Paso do Noroeste, un paso mítico do que falaban lendas e bitácoras apócrifas de mariños españois de séculos precedentes. Neses  supostos diarios falábase da existencia dun paso navegable que uniría os océanos Atlántico e Pacífico e que situaban no territorio da actual Canadá.

O mariño galego partíu do porto mexicano de San Blas coa obriga de explorar e cartografar a costa noroeste do continente americano dende a badía de Bucarely ata a desembocadura do río Columbia, territorios que se corresponden con Alaska e a provincia da Columbia Británica do Canadá. A outra parte da misión fora encargada ao sí coñecido mariño Alexandro Malaspina.

Grazas a que os mariños españois e galegos foron pioneiros na navegación polas costas antes mentadas, chegaron antes que o coñecido mariño iglés James Cook, existen máis de mil topónimos con nomes casteláns e galegos na costa noroeste americana bañada polo océano Pacífico.

O documental foi escrito e dirixido por Pemón Bouzas  con imaxes de Victorino Lourido e realizado nas costas por onde navegaron hai máis de douscentos anos os mariños galegos na última época dos grandes veleiros.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: