CRTVG

Buscar

Un mundo de historias

O noxo

30/10/2020 10:05 h

Hadrián decide volver á casa do su pai. Daniel, o seu cuñado, faille entrega dun atado de documentos que Abelardo, o pai de Hadrián, lle quixo deixar ao seu fillo. Hadrián aproveita a oportunidade de tentar comprender por fín como era o seu pai e por que a relación con el non foi todo o boa que agora desexaría.

No atado hai un texto de Blanco Amor dedicado ao seu pai, no que se relata a historia dun neno obrigado pola situación económica da súa familia a traballar cunha vella panadeira. A partir de aquí, Hadrián experimenta un punto de inflexión na relación, ata ese momento dubidosa, co que o rodea. 

Atopar capítulo por: