CRTVG

Buscar

Cultura 10

Especial Nadal

25/12/2010 15:25 h

O equipo de Cultura 10 achégase un día tan especial, familiar e emotivo como hoxe ás tradicións culturais, artísticas e musicais do Nadal galego, buscando as súas orixes e significacións máis variadas, da man do mestre e antropólogo Clodio González, que desde a xunta reitora do Museo do Pobo Galego asesóranos cunha das súas publicacións, "As festas cíclicas do ano", en que se recollen costumes relixiosas e pagás, como o Tizón de Nadal, panxoliñas e aguinaldos, o Belén (traído polos franciscanos no século XIII), as uvas e os figos en Galicia ou o uso do acivro.

Desde as temáticas e tradicións natalicias das que tamén falan as obras de escritores ilustres galegos como Otero Pedrayo e Álvaro Cunqueiro, o programa pasará a falar do "Fogar do Santiso", un local caracterizado por gardar as formas máis enxebres e onde o hostaleiro, tamén poeta, conta as súas experiencias de vivir o Nadal noutros países, desde a perspectiva do emigrante.

Na entrevista de Luísa Castro estará hoxe o actor Rafael Álvarez, "El brujo", medalla de ouro de Belas Artes en 2002, que está de xira por Galicia coa súa obra "El evangelio de San Juan".

Outra citas, esta vez musicais, serán o concerto de Nadal co que a Real Filharmonía de Galicia pecha o Xacobeo clásico, titulado "La gran "Misa en Fa Menor de Anton Bruckner", dirixido por Antoni Ros Marbá; as panxoliñas e os coros das igrexas e o toque moderno dun grupo indie que realiza versións clásicas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: