CRTVG

Buscar

Collidos nas patacas

O mexillón, do mar á lata. As festas do patrón

29/10/2015 23:00 h

Na primeira lección que hoxe dará o programa Collidos nas Patacas, seguirá paso a paso a viaxe que fan os mexillóns desde o mar ata a lata de conservas. O equipo deste espazo da TVG verá como estes moluscos medran pegados ás cordas da batea e apañaraos cun experto mariñeiro da Illa de Arousa para levalos á fabrica de conservas. Na parte práctica da lección, os espectadores descubrirán, ademais, algunhas da receitas máis innovadoras que se poden preparar con este froito do mar.

A segunda lección levara aos espectadores a coñecer un evento de importancia capital para todo galego que se prece: o día das festas do patrón. Collidos nas Patacas achegarase ata unha parroquia de Narón para ver como os veciños celebran o día grande, desde a alborada da mañá ata a verbena da noite coa París de Noia. Abordaranse cuestións imprescindibles, como a sesión vermú, os fogos de artificio e, por suposto, o xantar en familia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: