CRTVG

Buscar

Especial

O mellor choco do mundo

09/05/2017 22:30 h

As reporteiras do programa especial “O mellor choco do mundo” estarán na enseada de San Simón para ver como se capturan e pasarán pola lonxa e a praza de Abastos, con parada no Grove para compartir un día de pesca deportiva co club marítimo "O Isco". O seu percorrido continuará nos bares e tabernas. En Rianxo, degustarán os chocos na súa tinta, na Illa de Arousa, tomarán un guiso e un delicioso guiso e arroz de chocos, e, en Pontecesures, afondarán nos segredos da empanada de chocos coa axuda dos donos do bar “Choco” e a experta cociñeira e blogueira Emilia Santiago. Os chefs Pepe Solla, Antonio Botana e Nacho Rodrígueze elaborarán tres deliciosas receitas. As reporteiras estarán cos nenos do CEIP de Cedeira, que teñen un choco por mascota, e cos xogadores do C.D. Choco, o equipo da vila que tomou o nome deste producto.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: