CRTVG

Buscar

Buscadores de naufraxios

O Matthew Cay

23/09/2018 23:30 h

Na estrea desta noite, Fernando Carrillo, mergullador profesional, descubridor de naufraxios e profesional do salvamento marítimo, levará os espectadores da TVG a coñecer o Matthew Cay, un vapor inglés afundido a 50 metros de profundidade na costa de Fisterra. 

Desde o seu afundimento en 1887 o Matthew Cay foi coñecido polos mariñeiros como o pecio da Carraca, ata que Fernando atopou a campá do barco e pescudou o seu verdadeiro nome. Aínda que para os pescadores seguirá sendo o pecio da Carraca. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: