CRTVG

Buscar

Ecce Perdomo

O lobo de mar

09/07/2019 23:45 h

A terceira entrega de Ecce Perdomo está dedicada á xente do Mar. Nesta ocasión David Perdomo transformarase nun Home do Mar, aquel que pasou media vida no mar... e a outra media no bar. Nos dous ambientes perfeccionou a arte da picaresca. “Se che conto o que sei, sabes tanto coma min”, así se resume a súa personalidade. É un auténtico cosmopolita que percorreu medio mundo, pero á súa maneira. Por exemplo: nunca estivo en Cape Town, pero coñece moi ben o Capetón (e as súas tabernas). Coa axuda dun vello patrón, un pescador, unha mariscadora e moitos fregueses de taberna, David tratará de meterse na pel dun aguerrido mariñeiro. Arranxar os aparellos, distinguir a ameixa fina da xaponesa, aprender a navegar e botarse uns cantos entre grolo e grolo de viño serán algún dos pasos que lle permitirán converterse en “O Mequiño”, o meco pequeno do Grove, tal e como lle apodaron os mariñeiros da zona.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: