CRTVG

Buscar

Latexos da cidade

O arsenal militar de Ferrol, a Facultade de Veterinaria de Lugo, un ximnasio en Vigo e os recunchos de película da Coruña

28/09/2019 19:15 h

Latexos da cidade mide o pulso das cidades galegas. Neste programa, comezamos a xornada en Ferrol, onde nos abren as portas do arsenal militar, para botar un ollo ás curiosidades deste lugar tan antigo como misterioso. Logo, a media mañá, visitaremos a Universidade de Lugo, e a Facultade de Veterinaria, onde suceden cousas ben exóticas. Tras o xantar, é hora de descubrir o lado máis deportista dos vigueses, nun dos ximnasios con máis afluencia de xente. Rematamos o día cuns bos flocos de millo nos cines da Coruña, onde tamén descubriremos os recuchos "de película" da cidade.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: