CRTVG

Buscar

Ecce Perdomo

O koruño

18/09/2019 00:30 h

No capítulo 12 de Ecce Perdomo, o actor David Perdomo mergullará nas orixes da súa personaxe máis coñecida. Ese rapaz (xa non tan rapaz) que sempre anda tomando unhas “garimbas”, fumando uns “grelos”, ou en xeral facendo “o mal” polos barrios populares da Coruña, e ademais fala un idioma que ás veces parece Suahili: o Koruño! Para acometer a súa metamorfose, o presentador irá falar con Antón Lezcano, un sabio do koruñismo, que lle explicará que a muller que comezou toda esta “movida” foi a mesmísima María Pita, a heroína koruña. Tras facer este impactante descubrimento, Perdomo entrevistará á actriz Tania Villamarín, que interpretou a María Pita na serie El Ministerio del Tiempo. Xuntos acudirán a unha academia de esgrima pra aprender a loitar, ou repartir fotóns, como María Pita. No terceiro bloque do programa, o presentador quedará con Arufe Neno, un rapeiro e instagrammer que lle ensinará o estilo e o vocabulario do koruño 2.0. Despois desta entrevista, Perdomo decidirá invadir a Real Academia Galega co obxectivo de esixir recoñecementos oficfiais para o koruño, onde o recibirá a escritora e académica Mercedes Queixas, unha koruña infiltrada no mundo da academia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: