CRTVG

Buscar

No bico un cantar

O gato

25/01/2014 20:30 h

 No extremo da península do Morrazo está a ría de Aldán. Famosa pola súa fermosura, polos seus piragüistas, polo seu Entroido e por un gato, o máis coñecido de Galicia. Este gato é o protagonista dunha canción gravada por A Roda en 1977. 

  O disco, co que a Roda iniciou a súa traxectoria musical, vendeu milleiros de copias, concedéronlle o Premio da Crítica e “O Gato” pasou a ser parte fundamental do repertorio do grupo e de todos os galegos.

  A canción chegoulle a Antón Cabaleiro, un dos compoñentes da Roda, que lla escoitara a un músico da zona de Cangas. O que fixeron foi adaptar unha cantiga que orixinalmente era máis longa e que estaba baseada nunha historia real.

  Os espectadores de “No bico un cantar” escoitan esta noite a versión orixinal de “O Gato”, escrita por Manuel da Ponte, na voz dos testemuños que estaban alí cando foi composta: Pepe Pichita e Pepe Capilla. Ademais, o programa presentado por Arturo Fernández ofrece as versións do grupo Eirixúa, Moon Cresta, Vellos Ventos, A Cámara Baixa, a tuna Rastafari, Xavier Blanco e o gaiteiro Lucho Solla.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: