CRTVG

Buscar

Alalá

O gaiteiro tradicional

24/11/2009 22:05 h

Neste Alalá facemos un retrato sobre a figura do gaiteiro tradicional galego a través de diversos gaiteiros que foron pasando polo programa e que constituiron un auténtico personaxe creador da banda sonora de importantes momentos históricos da nosa cultura.

Os gaiteiros foron unha inesgotable fonte de recursos no Alalá e ao longo da emisión do programa foron dándonos inesquencibles momentos, que esta noite imos recuperar. O programa repasará os principais momentos na vida dos gaiteiros, dende as primeiras gaitas que facían con canas de sabugueiro ou pipas de alcacén, ata o momento da consagración do gaiteiro que toca nas ruadas, “polavilas”, romarías, etc.

No programa desta noite o gaiteiro perfeccionista, o técnico, o retranqueiro, o fachendoso e mesmo o tímido consolidan un pictograma sobre a silueta dunha das figuras máis importantes da nosa cultura e da nosa historia: “o gaiteiro tradicional”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: