CRTVG

Buscar

Cos pés na terra

O frade Roberto do convento de Herbón / Xurxo e a reitoral de Chandrexa

24/04/2013 22:45 h

“Cos Pés na Terra”, o programa da TVG onde homes e mulleres amosan a súa opción inequívoca de quedar no campo como medio de desenvolver o seu traballo, ofrece esta noite a última entrega da súa segunda temporada, en que visitará o convento de Herbón da man do frade Roberto. Alí, o espazo da Galega atende coidadosamente os pitos e coidará con mans de santo das burras que habitan no convento. Ademais, os espectadores descubrirán o misterio dos pementos de Herbón coa axuda dos rapaces da asociación AMIPA.

Por outro lado, “Cos Pés na Terra” coñecerá os canóns do Sil. Moi preto deles, visita a Xurxo, que, aínda que non é cura, rehabilitou a reitoral de Chandrexa, lugar onde mantén prendida a chama da súa ilusión, traballando arreo cos voluntarios chegados de todo o mundo que o visitan.

Atopar capítulo por: