CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

O fotógrafo Manuel Sendón / Exposición de Anselm Kiefer / A pintora María Puertas

25/06/2013

Entrevista a Manuel Sendón, que expón, xunto a Fran Herbello, no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, as fotografías tomadas durante unha expedición polo río Verdugo e nunha travesía en piragua pola ría de Vigo. A mostra “Mil ríos” é un proxecto artístico que ten como obxectivo a recuperación da exploración directa como medio para achegarse e coñecer o territorio.

Visita no MAC da Coruña á exposición “Anselm Kiefer. Un maestro de la pintura”, unha selección de obras deste pintor e escultor alemán, referencia entre os artistas contemporáneos europeos. 

No obradoiro da pintora ourensá María Puertas, que ultimamente está a centrar o seu traballo no metacrilato.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: