CRTVG

Buscar

Ecce Perdomo

O 'folkie'

06/08/2019 23:15 h

No sexto episodio de Ecce Perdomo, o actor David Perdomo transformarase nun dos estereotipos máis recoñecibles da nosa sociedade. Todos coñecemos algunha desas persoas que tocan a pandeireta, a gaita ou as cunchas, e que, sobre todo, non soltan a copiña de licor café: os folkies! Na taberna, na sobremesa, na festa ou na oficina, os folkies sempre están listos para deleitarnos (ou amolarnos) cunha cantarea.

Para isto, Perdomo comezará entrevistando a Kalee Prendergast, unha californiana que non se perde unha foliada e que lle aprenderá a beber coma un auténtico folkie. Despois desta introdución, o presentador visitará as Pandeireteiras sen Fronteiras, que o vestirán como un folkie para todas as ocasións, desde Ortigueira ao Luar, e tamén lle aprenderán a usar un molete de pan para algo máis que para facer bocadillos. Por último, Perdomo aprenderá a practicar o ancestral deporte dos folkies, a billarda, o único para o que non é necesario ir ao Decathlon.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: