CRTVG

Buscar

O final do Camiño

Capítulo 1

11/01/2017 22:15 h

“O final do Camiño” recrea os convulsos anos da construción da catedral de Santiago, entre 1075 e 1120, a través da vida de tres irmáns e as súas relacións con distintos personaxes históricos. A serie arranca en Catoria, logo de que un ataque sarraceno arrase a vila.

Gonzalo, de 14 anos, consegue salvar ao seu irmán Estevo, de dez, pero non pode impedir o asasinato da súa nai nin o secuestro do seu irmán Pedro, de 12, por guerreiros musulmáns.

Os dous cativos viaxan cos superviventes do ataque a Santiago, onde se está a comezar a construír a catedral. 

Dez anos despois, Estevo traballa como aprendiz baixo as ordes de Bernardo o Vello nas obras do templo, que xa toma forma. Soña con ser construtor, pero parece carecer de talento necesario, ata que un misterioso monxe lle comeza a facilitar solucións arquitectónicas nunca vistas.

Gonzalo, pola súa banda, é xefe da Garda do bispo de Compostela, Diego Peláez, e está casado con Elvira, a boticaria da cidade. Pese ao ben que lle van as cousas, non se libra da culpa de ter abandonado ao seu irmán Pedro. Porén, a chegada á cidade da raíña Constanza cambiará a súa vida e a historia.

A raíña viaxa a Compostela para conseguir a prata da cidade e, con ela, axudar a Afonso VI no sitio de Toledo e tamén para informar a Gonzalo de que o seu irmán está vivo e preso alí. Pola súa banda, a súa muller terá que facer fronte aos intentos de Tomás por controlar os negocios relacionados co hospital en que traballa Elvira. O comerciante controla pola forza todos os negocios dunha próspera Compostela, que comeza a recibir peregrinos e non deixa de crecer. 

Producida por Voz Audiovisual,  a nova superprodución da canle pública está protagonizada por Antonio Velázquez, Javier Rey, Guillermo Barrientos e Begoña Maestre, que dan vida aos irmáns Gonzalo, Pedro e Estevo de Catoira, e a Elvira. Tamén conta con Cristina Castaño como raíña Constanza e con actores galegos coma Xavier Deive, Tito Asorey, Antonio Durán “Morris”, Antonio Mourelos, Manuel Regueiro, Miguel Ángel Blanco ou Fernando Morán. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: