CRTVG

Buscar

Documental

O feitizo xenético dos Austrias

09/06/2020 23:30 h

Este documental intérnanos na apaixonante historia das alianzas matrimoniais na dinastía dos Austrias en Europa e como estas unións, eixo central do seu poder, trouxeron consigo a peor consecuencia xenética da consanguinidade: a súa extinción.

Científicos do Departamento de Xenética e da Universidade de Santiago de Compostela, examinaron dende unha perspectiva xenética esta hipótese formulada polos historiadores. As investigacións multidisciplinares -onde converxen medicina, xenética e historia- demostraron que a dinastía dos Habsburgo constitúe un magnífico e único laboratorio humano de consanguinidade para o estudo de enfermidades xenéticas e os efectos dos matrimonios entre parentes. Os efectos da consanguinidade son de grande interese na actualidade, xa que polo menos o 10.4% da poboación mundial é consanguínea.

Atopar capítulo por: