CRTVG

Buscar

Vivir aquí

O Entroido

01/03/2014 15:30 h

En pleno tempo de Entroido, o programa “Vivir Aquí” non podía ser alleo ás celebracións e troulas destas festas ancestrais que se desenvolven en todos os recantos do país galego. Así, haberá un total de cinco reportaxes preparadas para a edición deste sábado primeiro de marzo. En primeiro lugar, o desprazamento obrigado ao triángulo ourensán Xinzo-Laza-Verín, no que cada ano a tradición supera calquera reto de transformación e alí seguen coma sempre pantallas, cigarróns e peliqueiros divertíndose e divertindo a xente, que se despide así dos aires de festa para dar paso aos tempos máis recollidos da Coresma.

Como non se podía botar de menos a gastronomía, “Vivir Aquí”, na exaltación do porco, desprazouse para degustar un cocido comme il faut na localidade da Barcia no que non falta de nada, adobiado todo con bo viño e filloas da pedra. Remata o contido do programa co seguimento puntual das comparsas de Crecente, de Arzúa e de Mos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: