CRTVG

Buscar

Quero falar coa xefa!

O deseñador vigués Jandro Villa / A panadeira Mari Luz / Patricia e Adrián, a mellor parella galega de baile

20/05/2013 22:15 h

A Televisión de Galicia ofrecerá esta noite unha nova entrega de “Quero falar coa xefa!”, un programa de entretemento sobre galegos e galegas que triunfan cada día nas súas empresas e oficios, persoas que amosan as súas ocupacións desde unha perspectiva diferente, con amor e con humor.

No programa de hoxe, os espectadores coñecerán un dos deseñadores galegos de moda máis novos e con máis premios nacionais e internacionais, o vigués Jandro Villa.

Por outro lado, Adrián terá que aprender hoxe o oficio de panadeiro, e para conseguilo contará coa axuda dunha muller moi experimentada no oficio, Mari Luz, que lle vai ensinar os segredos para facer unhas empanadas exquisitas.

Ademais, “Quero falar coa xefa!” estará coa mellor parella de baile de Galicia: Patricia Martínez e Adrián Esperón, que van xa polo seu sexto título de campións de España de bailes de salón.

Atopar capítulo por: