CRTVG

Buscar

De quen vés sendo?

O corpo

12/01/2014 15:30 h

En Narón, a presentadora, Marta Doviro, coñecerá un Calvo experto no coidado do cabelo, aprenderá a diferenciar un pelo caucásico dun lisótrico, poralles nome ás técnicas de corte e saberá como se bautizan os peiteados. Sen saír da comarca de Ferrol, o programa descubrirá que, entre as moitas maneiras que hai de chamarlle á testa, tamén se atopa un nome propio, o de Krístel, unha copiloto de rallys que lle aprenderá a Marta a peculiar linguaxe das competicións automobilísticas.

Xa que a cousa vai de carreiras, os espectadores coñecerán o máis veloz de Ferrol, Emilio “o do Rápido”, o dono dun ultramarinos con moita historia, e verán que entre os ferroláns hai xente que é Grande ata no apelido, que en Ourense levar o nome Delgado equivale a saber moito de alimentación e que apelidarse Cabezón non sempre implica ser testán.

Ademais, o programa saberá de quen vén sendo a xente de Porriño e descubrirá que tamén hai lugares que tomaron prestado o seu nome de partes do corpo e das nosas características físicas. “De quen vés sendo?” visitará tamén parroquias como Parderrubias, onde Marta coñecerá un par de louras que lle amosarán que neste lugar do concello pontevedrés de Salceda de Caselas non hai veciño nin casa sen alcume. Finalmente, para sobrevivir a tan longa viaxe, Marta adestrará as pernas con Luís, o Schwarzenegger galego, todo un experto en culturismo; e buscará os consellos do Bruxo, o preparador físico máis internacional de Galicia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: