CRTVG

Buscar

Buscadores de naufraxios

O Cordero González

18/11/2018 20:15 h

O programa 'Buscadores de naufraxios' ten hoxe unha cita con Rafael Gutiérrez,  profesor de mergullo, fontaneiro e descubridor do Cordero González. Grazas a un mariñeiro que lle deu as marcas, Rafa foi o primeiro en mergullarse nun pecio inédito e descubrir na súa popa as únicas dúas letras que quedaban da placa que levaba o seu nome: 'RO'. 

Tirando do fío descubriu que se trataba do Cordero González, un barco construído no estaleiro de carpintería de ribeira de Domaio e que naufragou en 1975 ao chocar co mercante Playa de Aldán á entrada do porto de Marín.  

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: