CRTVG

Buscar

Vou que teño que ir

Programa 13: O Cebreiro

21/01/2020 23:30 h

Víctor e Ledicia poñen rumbo á comarca dos Ancares, na provincia de Lugo, onde se sitúa a parroquia de Santa María do Cebreiro, no límite co concello leonés de Ponferrada. Unha das primeiras actividades que deciden facer é un tramo do Camiño de Santiago en bicicleta, e por iso van falar con Diego, que ten un servizo de aluguer de bicis para facer o camiño. Percorrerán en bici tres quilómetros ata o alto de San Roque, onde lles espera Javier, un mestre de secundaria quen lles da conta dos atractivos da zona.

Xa de volta no pobo, Ledicia visitará a Igrexa Santa María A Real, a Igrexa, que foi favorecida ó longo dos séculos por privilexios da monarquía. Á dereita do altar está a capela do Santo Milagre o lugar onde se conservan as reliquias do Santo Grial, considerado o milagre máis importante acontecido dentro das nosas fronteiras e que lle deu sona mundial ó Cebreiro. Pola súa banda, Víctor visitará unha palloza. No interior destas construcións conservase o pouco e escaso mobiliario e os útiles domésticos que se utilizaban naquel tempo: cando a convivencia entre animais e persoas era do máis pacífica.

Para comer no Cebreiro hai varios restaurantes tradicionais e tabernas onde saborear pratos típicos. Os nosos presentadores visitan o mesón Antón onde se pode comer un auténtico caldo galego, polbo á feira, empanada e, por suposto, o queixo do Cebreiro. Despois de soltar adrenalina, toca descansar. Ledicia opta por achegarse ó albergue Campelo que acolle a multitude de peregrinos e ofrece diferentes posibilidades de aloxamento. Víctor durmirá no Hotel O Cebreiro, unha antiga cárcere e concello que agora funciona como aloxamento rural de calidade.

Atopar capítulo por: