CRTVG

Buscar

Documental

O camiño do viño. Historia dun arrieiro

20/09/2022

O documental “O camiño do viño. Historia dun arrieiro” e un traballo audiovisual que pon en valor os recursos do noso territorio a través da figura senlleira do arrieiro. Este traballo foi promovido pola Ruta do Viño en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro. Este traballo audiovisual ten como obxecto recuperar o valor da figura do arrieiro como protagonista da importancia histórica, social e económica que o viño do Ribeiro tivo para esta comarca en particular, e para Galicia en xeral, durante séculos. O documental fai unha viaxe con este histórico arrieiro polos sendeiros do Ribeiro que percorría camiño de Compostela para a comercialización do produto estrela da comarca. O arrieiro foi unha figura histórica que coa compaña da súa recua de mulas e os seus cantares tiña como destino a capital de Galicia, mercado principal do Viño do Ribeiro. O traballo, obra de Xoel Méndez, enmárcase dentro das accións de promoción e posta en valor deste territorio e da súa oferta enoturística que a Ruta do Viño do Ribeiro impulsa dentro da súa marca enoturística “O Camiño do Viño. Ruta do Viño do Ribeiro”.

Atopar capítulo por: