CRTVG

Buscar

Galegos no mundo

Programa 4: O Cairo

22/07/2010 22:25 h

Partindo de que o pobo galego non ten fronteiras nin se puxo límites á hora de partir, pódense atopar galegos polo mundo adiante -máis de 300.000-, nos recunchos máis afastados e atendendo as facetas máis diversas. Para reflectir esta realidade, Galegos no mundo achéganos as olladas de todos aqueles cidadáns que tomaron o mundo por bandeira, como os de hoxe, que atoparon unha vida nova na urbe máis grande do mundo árabe, unha área metropolitana de 20 millóns de habitantes, seis veces máis que a poboación de toda Galicia: O Cairo.

O equipo do programa estará hoxe acompañando catro galegos que se estableceron no Cairo, internándose nas súas vidas e motivacións, como os casos de Álex Ramilo, un carballés que traballa para a Delegación Europea no Cairo despois de vivir en Sarajevo, Bruxelas, Luxemburgo e Níxer; María Ferreiro, química da Coruña, xefa de obra dunha central térmica pioneira no mundo que se está a construír preto do Cairo; Sandra Gil, de Ponteareas, quen, ao rematar o seu contrato como voluntaria de Nacións Unidas no Cairo, decidiu que era hora de gozar alá un tempo máis alá, e Óscar Pérez, enxeñeiro industrial, que se axuda de Natalia para integrarse na vida do Cairo e así poder contactar con xentes do país como o beduíno Ahmed.

O programa reflicte o ir e vir de persoas que emprenden unha viaxe por distintas cidades, culturas e historias amosadas por un galego singular, algunhas das cales nos levan ata Londres, Tunes, Berlín, O Cairo, Bruxelas, Lisboa, París, Roma, Istambul, Ámsterdam, Copenhague, Praga e Andorra.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: