Documental
O automóbil, motor industrial de Galicia
"O automóbil, motor industrial de Galicia" fai un percorrido pola evolución da industria da automoción en Galicia, dende a chegada dos primeiros automóbiles e a instalación das primeiras industrias automobilísticas, cos cambios que isto produciu na sociedade galega, ata os nosos días.
O documental pretende dar unha visión do enxeño duns galegos que se atreveron a construir automóbiles ata o papel da industria da automoción galega hoxe, con máis de 75 empresas e que representa o sector que ofrece máis postos de traballo e lidera a facturación que representa máis do 14% do PIB industrial, así como o 31% das exportacións da nosa comunidade.
Con imaxes da implantación da factoría de Citroen en Vigo, e con os primeiros automóbiles que circulaban polas estradas galegas, comeza o documental guiado polo xornalista Gerardo Gonzalez Martín, autor do libro "Galegos ao volante 1900-1930", quen con imaxes da época explica como eran aqueles automóbiles, as estradas e as peripecias de aqueles primeiros condutores.