CRTVG

Buscar

Malo será!

"O amor e as súas miserias"

27/09/2018 00:20 h

Hai amores que matan, amores a primeira vista, amores para toda a vida, amores cegos... De todos estes e de moitos máis falará esta noite o programa especial “Malo Será! O amor e as súas miserias”, que, cunha visión humorística, repasará os distintos momentos das relacións amorosas desde que comezan ata que, por unha causa ou por outra, rematan.
Deste xeito, ofreceranse sketchs de parellas que levan moito tempo, que acaban de comezar, que están a piques de casar, que están pensando en acabar a súa relación, que son unlla e carne, que xa non se aguantan, etc.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: