CRTVG

Buscar

Ecce Perdomo

O adolescente

11/09/2019 00:30 h

No capítulo 11 de Ecce Perdomo, o actor David Perdomo terá que transformarse nun adolescente, ese ser inmaduro, agobiado, incómodo e canso en xeral. Sempre ten algo do que queixarse: os pais, as nais, as mozas, os mozos, os amigos, os exames, o futuro… Todo se lle fai demasiado, menos ir de botellón e subir stories ó Instagram. O presentador introducirase no mundo adolescente da man de Alex López e Germán Enríquez, dous rapaces no punto álxido da pubertade. Eles serán os encargados de quitarlle 20 anos de enriba a Perdomo mediante unha serie de vestimentas imposibles, propias dos artistas do xénero musical que está de moda entre a rapazada: o trap. Precisamente Perdomo entrevistará tamén a Boyanka Kostova, un dúo de trap en galego que lle “canta” ás leiras, ós kiwis das avoas e a Diego Tristán. Para rematar a súa metamorfose, o presentador arriscará a vida intentando subir nun skate, ou monopatín, e desafiará todas as leis pintando un grafitti, co obxectivo de volver sentirse como un rapaz.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: