CRTVG

Buscar

Buscadores de naufraxios

O Achondo

28/10/2018 20:15 h

Iñaki Ferreiro, profesor de mergullo e descubridor de naufraxios, seguiu os pasos de Alexis Macías, un dos primeiros “Buscadores de Naufraxios” de Galicia e descubridor de numerosos pecios, que faleceu nun accidente de mergullo hai dous anos. 
Iñaki vaise mergullar co equipo do programa no Achondo, pecio dun arrastreiro vasco que en 1986 se afundiu na ría de Vigo. O barco veu descargar á cidade olívica porque os portos do Cantábrico estaban tomados por piquetes e, ao descoñecer a ría, acabou afundíndose a 38 metros de profundidade, onde se mantén en moi bo estado.
José Manuel e Sabino Cabaleiro, tripulantes do Pepe 5, barco que rescatou os mariñeiros do Achondo, van relatar como viviron aquela noite, en que estado atoparon os sobreviventes e cal é, na súa opinión, a causa pola que o barco foi a pique. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: