CRTVG

Buscar

Luar

Nuria Fergó, Henry Méndez e as pandeireteiras Xestreu

14/04/2017 22:00 h

“Luar” recibe a cantante andaluza Nuria Fergó, que saltou á fama na primeira edición do concurso Operación Triunfo e que presenta o seu ultimo single “Bailando bajo la lluvia”. Ademais, as pandeireteiras Xestreu presentan o seu novo disco, “Non me toques a saia”, en favor da igualdade e en contra da violencia machista, e cantan coa artista un tema en galego.

Tamén soben ao escenario Felipe Garpe e os seus mariachis e  o cantante de reggaeton Henry Méndez, autor de éxitos de verano como "El tiburón" o "Mi reina” e que chega ao programa para interpretar “Pa que lo bailes” e “Poco a Poco”.

Luar ofrece máis música para bailar co grupo El guateque de la década e coa orquestra Miramar. O toque de humor pono o humorista galego Marcos Pereiro e no escenario tamén están os músicos franceses Matta Rouch e os acróbatas do dúo Ballance. 

“Recantos”, que se atopa na fase final, enfronta a Issiris, representando Galicia centro, e Ruth Cundíns, de Terras de Compostela. Ademais, a música galega chega da man da Banda Sons e Soños de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, a Agrupación Vai de Roda, as ex-recanteiras da formación Dúo Chic, a agrupación folclórica A Regionalista, e os cantantes Jota Santana, Tania Fuegho, Pili Pampín e Manuel De Andrade.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: