CRTVG

Buscar

Non lle chames amor

Programa 10: Na Coruña con Eva, Gelo e Dolores, e Cynthia

24/11/2022 00:15 h

A psicóloga e sexóloga Raquel Graña falará nesta nova entrega de 'Non lle chames amor' dos distintos xeitos de mocear que nos podemos atopar.

Coñecemos a Eva, unha muller con moita enerxía e mil anécdotas que compartir e que aos seus sesenta e tres anos anda en busca do amor verdadeiro. Tamén descubrimos a historia de amor de Gelo e Dolores, una parella claro exemplo de que os frechazos poden durar para toda a vida.

E xa por último, sobe á limusina do programa Cynthia, unha rapaza que probou o mundo "swinger" e que conta cal foi a súa mellor e máis incrible experiencia sexual ata o momento.

Atopar capítulo por: