CRTVG

Buscar

Pescadores de historias

No mar, palabra de muller

28/10/2018 15:45 h

Hai oficios en que a palabra de muller soa con máis presenza, como redeiras, peixeiras e, especialmente, no marisqueo a pé, onde máis do 74% en Galicia son mulleres. O programa 'Pescadores de Historias' achegase ao porto de Arcade, onde a porcentaxe é do 82%, para escoitar a palabra das mulleres do mar.
Potente é a palabra de Rita Míguez, que é a patroa maior de Arcade e tamén preside a Asociación Nacional de Mulleres da Pesca, formada por colectivos de todo o estado español, pero maioritariamente por colectivos de Galicia. Antes de comezar o traballo, Rosa conta como para elas ten un valor máis alá do económico, xa que serve para seren conscientes da súa valía dentro do colectivo do mar e gañar o respecto e a consideración de toda a sociedade.
Na zona marisqueira, X.H. Rivadulla Corcón fala con Pilar Martínez, quen explica a súa realidade diaria, cun traballo duro e difícil, xa que só o feito de chegar supón uns 45 minutos camiñando por lodo e logo pasar toda a mañá coa auga por riba da cintura. Na lonxa, Mari Carmen Falcón expresará o seu orgullo de ser mariscadora. Pola súa parte, Mari Carmen Míguez explica o fascinante que é este traballo para elas.
Finalmente, para xantar as boas ameixas deste mar, o equipo de 'Pescadores de Historias' vai á Marisquería de Arcade, onde agardan Jacobo Martínez, o propietario, e Javier Rincón, o cociñeiro, cunha receita pouco habitual: ameixas fritas, que degustará na compaña das mariscadoras fortes e entrañables de Arcade.

Atopar capítulo por: