CRTVG

Buscar

Era visto

Nicotina / Xa estamos no mapa / Béisbol

09/06/2014 22:30 h

No capítulo desta noite, Moncho, que nunca foi fumador, acaba enganchado á nicotina pola súa nova e absurda afección: o consumo de chicles, parches e demais produtos para deixar de fumar.

No seguinte sketch, Moncho descobre que Lameiro non aparece na lista de concellos galegos e decide poñerlle fin a esta inxusta omisión da maneira máis absurda.

Finalmente, fascinado polas películas de deportes de Hollywood, Moncho apunta a Kevin no equipo de béisbol da comarca, as Dinosiñas do Xallas, pero, por desgraza, Deus non chamou o rapaz polo camiño de deporte.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: