CRTVG

Buscar

Na nosa nube

Ángel Curtis / José Manuel Villar / Santo André de Teixido / Pazo de familia e os 80

30/11/2014 17:00 h

O programa “Na Nosa Nube” coñece a historia de Ángel Curtis, un home que atopou no estilo de vida dos faquires o seu ideal. Ángel naceu no concello de Curtis, pero con 16 anos decidiu marchar a Madrid. Alí traballou de camareiro e un día entrou nunha libraría e mercou un libro que lle chamou a atención: “O poder da mente”. A primeira actuación fíxoa con 21 anos e desde entón non deixou de investigar e de formarse para mellorar os seus espectáculos e afondar no que significa ser un faquir.

 O espazo da TVG tamén conta coa presenza de José Manuel Villar, un mestre que intenta que as súas clases sirvan para transmitirlles aos nenos valores de compañeirismo, amizade e respecto. Todo isto acompañado de actividades que entusiasmen os pequenos. Cando chegou ao colexio de Cespón decatouse das peculiaridades do mesmo e das moitas cousas que podía facer cos alumnos. Así naceu o documental “Bos días Princesa”, inspirado na película “La vida es bella”, de Roberto Benigni, e cos rapaces como protagonistas.

 Por outro lado, “Na Nosa Nube” visita Santo André de Teixido para descubrir toda a historia e os rituais que rodean este lugar magnífico da xeografía galega. Ademais, o programa lembra os anos 80, nos que se ambienta a nova serie da Televisión de Galicia “Pazo de Familia”. Silvia Jato fala con algúns dos protagonistas da serie e o programa recordará a música da época e distintos momentos inesquecibles daqueles anos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: